martes, 26 de febrero de 2013
caracteristicas xerais
O aparato excretor é un conxunto de órganos encargado da eliminación dos residuos nitroxenados do metabolismo, coñecidos na medicina como ouriños; que o conforman a urea e a creatinina. A súa arquitectura componse de estruturas que filtran os fluídos corporais (líquido celomático, hemolinfa, sangre). Nos invertebrados a unidade básica de filtración é o nefridio, mentres que nos vertebrados é a nefrona ou nefrón. O aparato urinario humano componse, fundamentalmente, de dúas partes que son: Os órganos secretores: os riles, que producen os ouriños e desempeñan outras funcións. Os órganos excretores: uréteres, vexiga e uretra, que conducen os ouriños cara ao exterior.
Os riles posúen 10-20 cm de longo e 3 cm de grosor e pesan arredor duns 150 gramos.
Rodéanse dunha fina cápsula renal.
Están divididos en tres zonas diferentes: codia, medula e pelve.
Son de cor vermello escuro, situados a ambos os dous lados da columna vertebral.
Na parte superior de cada ril encóntranse as glándulas suprarrenais.
Os ouriños fabrícanse na codia exterior e a medula que envolve.
Na codia fíltrase o fluído que sae do sangue e na medula reabsórbense substancias dese fluído que son necesarias para o organismo.
Os condutos que se abren nos vértices das "pirámides" da medula, e que van dar á pelve, e recollen os ouriños restantes.
As chamadas "pirámides" son canles de forma aplanada e parecidos a un embude, que conducen os ouriños ao uréter, logo, a través deste conduto, os ouriños diríxense á vexiga.
O dereito é mais baixo que o esquerdo isto é debido ao fígado xa que se necesita un bo espazo para as palpitacións do corazón.
A vía excretora, que recolle os ouriños e a expulsa ao exterior está formada por un conxunto de condutos que son:
Os uréteres, que conducen os ouriños dende os riles á vexiga urinaria.
A vexiga urinaria, receptáculo onde se acumulan os ouriños.
A uretra, que permite a saída ao exterior dos ouriños contidos na vexiga.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario