jueves, 20 de junio de 2013

Exercicios sobre o aparato respiratorio

Exercicios sobre o aparato respiratorio
1.- Indica semellanza e diferenzas entre os seguintes conceptos:

Inspiración e expiración
Respiración e ventilación
Pulmón e alvéolo
Intercambio e difusión
2.- Por que se recomenda non respirar pola boca e utilizar soamente o nariz?

3.- Explica como se producen os movementos respiratorios durante a ventilación pulmonar así como as diferenzas entre eles.

4.- Por que é tan perigoso respirar monóxido de carbono? Oíches algún caso recente relacionado coa súa inhalación?

5.- En que se diferencia o aire inspirado do aire expirado?

6.- Mide o teu ritmo respiratorio. Supoñendo que en cada inspiración túa penetre nos teus pulmóns 500 ml de aire, Que cantidade total de aire ventilas nun minuto?

7.- Por que o exercicio físico aumenta a frecuencia respiratoria?

8.- Como se orixina a voz humana?

9.- Explica o proceso que se produce nos alvéolos pulmonares.

Exercicios resoltos sobre o aparato respiratorio

O intercambio gasoso
Rechea
Enche os ocos e preme "Comproba" para comprobalos. . Podes facelo tamén sobre " [?] " Para obter unha pista.
As paredes dos [?] son moi delgadas e están rodeadas por unha rede de capilares sanguíneos.

Nos alvéolos realízase o intercambio de gases (O2 e CO2) entre o aire que hai no interior dos e o sangue que circula polos [?] sanguíneos. O intercambio de gases acontece mediante un proceso físico chamado [?], que consiste en que as moléculas se desprazan dende onde hai máis concentración onde hai menos.

O osíxeno é transportado no sangue por unha molécula moi coñecida, a [?], de intensa cor vermella. Nela hai ferro e é a el ao que se une o osíxeno. A hemoglobina está dentro dos glóbulos vermellos ou hemacias.

O dióxido de carbono transpórtase disolto no plasma sanguíneo (a parte líquida do sangue).

No hay comentarios:

Publicar un comentario