ALGUNHAS ENFERMIDADES DO APARATO URINARIO. -
- A especialidade médica que estuda o aparato urinario chámase uroloxía e
o médico especialista é o urólogo
Mexar moito ou pouco pode ser indicador dalgunha alteracion
renal. En condicións normais, a cantidade de ouriños depende da
cantidade de auga que inxerimos, do noso metabolismo, actividade física e
masa corporal. As infeccións urinarias son procesos infecciosos das
vías urinarias que producen inflamacións da uretra (uretrite), a vexiga
(cistite) ou os riles (pielonefrite).
Uretrite
Artigo principal: Uretrite.
Consiste
na inflamación das paredes da uretra debido a unha infección bacteriana
ou a substancias químicas que ocasionan un estreitamento do conduto
uretral. A dieta con pouca inxestión de líquidos e a deshidratación en
días calorosos, que produce uns ouriños concentrados, favorecen esta
inflamación.
Cistite
Artigo principal: Cistite.
É a
inflamación aguda ou crónica da vexiga urinaria, con infección ou sen
ela. Pode ter distintas causas. Os síntomas máis frecuentes son: aumento
da frecuencia das miccións, presenza de turbidez dos ouriños. A causa
máis frecuente de cistite é a infección por bacterias gram negativas. Para que un xerme produza cistite, primeiro debe de colonizar os ouriños da vexiga (bacteriuria)
e posteriormente producir unha resposta inflamatoria na mucosa vesical.
A esta forma de cistite denomínaselle cistite bacteriana aguda. Afecta a
persoas de todas as idades, aínda que sobre todo a mulleres en idade
fértil ou a anciáns de ambos os dous sexos. Outra forma de cistite é a
cistite tuberculosa (producida no contexto dunha infección tuberculosa
do aparato urinario), a cistite química (causada por efectos tóxicos
directos dalgunhas substancias sobre a mucosa vesical, por exemplo a
ciclofosfamida), a cistite glandular (unha metaplasia epitelial con
potencialidade premaligna) ou a cistite intersticial (unha enfermidade
funcional crónica que cursa con dor pélvica, urxencia e frecuencia miccional)
No hay comentarios:
Publicar un comentario