jueves, 21 de febrero de 2013
Os Ouriños e a Micción
OS OURIÑOS E A MICCIÓN. -
Os ouriños son un líquido de cor amarela clara que está composto por auga e
outros elementos. O máis importante destes elementos é a urea. Os ouriños se
produce continuamente no ril e chega á vexiga intermitentemente, debido a
os movementos dos uréteres. Unhas válvulas impiden o retroceso dos ouriños
dende a vexiga aos uréteres.
Cando a vexiga está chea, orixínanse impulsos nerviosos que producen o
desexo consciente de mexar e de forma voluntaria abre o esfínter externo dando
saída aos ouriños (micción).
A cantidade de ouriños que un adulto normal elimina, por termo medio, cada24 horas, é de 1,5 litros (un litro e medio). Este volume varía coa cantidade de
líquido e alimento inxerido así como coas perdas por vómitos ou a través da
pel pola sudación.
Os ouriños están compostos de: 95% de auga, 2% de sales minerais, cloruros,
fosfatos, sulfatos, sales amoniacais, 3% de substancias orgánicas, urea, ácido úrico,
ácido hipúrico e creatinina.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario