jueves, 21 de febrero de 2013

Definición do aparato urinario

O sistema urinario humano é un conxunto de órganos encargados da produción de ouriños mediante a cal se eliminan os refugallos nitroxenados do metabolismo (urea, creatinina e ácido úrico), e da osmorregulación. A súa arquitectura componse de estruturas que filtran os fluídos corporais (líquido celomático, hemolinfa, sangre). Nos invertebrados a unidade básica de filtración é o nefridio, mentres que nos vertebrados é a nefrona ou nefrón. O aparato urinario humano componse, fundamentalmente, de dúas partes que son:

Os órganos secretores: os riles, que producen os ouriños e desempeñan outras funcións.
A vía excretora, que recolle os ouriños e a expulsa ao exterior.

Está formado por un conxunto de condutos que son:

Os uréteres, que conducen os ouriños dende os riles á vexiga urinaria.
A vexiga urinaria,Es unha bolsa muscular e eslastica na que se acumulan os ouriños antes de ser expulsada ao exterior. No extremo inferior ten un musculo circular chamado esfinter, que se abre e pecha para controlar a miccion (o acto de mexar).
A uretra,es un conduto que transporta os ouriños dende a vexiga ata o exterior. Na súa parte inferior presenta o esfinter uretral, polo que se pode resistir en desexo de mexar. A saída dos ouriños ao exterior prodúcese polo reflexo de miccion.

Os refugallos para poder chegar ata os riles (que son os órganos encargados de subtraer os refugallos ou substancias innecesarias), é necesario un proceso chamado nutrición, o cal é necesario para adquirir enerxía. Os nutrientes vanse directo ao sangue, a cal realiza o intercambio gasoso por medio dos pulmóns.

Os refugallos son levados pola arteria renal ata os riles, os cales se encargan de crear os ouriños, con axuda das nefronas.

Despois de crear os ouriños, o sangue en bo estado é comprimido nas nefronas na súa parte superior, as cales transportan o sangue en bo estado por medio da vea renal de novo ao corazón e pulmóns para osixenala.


Histoanatomía do aparato urinario

A parte inicial e de maior importancia que se encarga da filtración de tecidos e certos fluídos, así como a eliminación de toxinas son os riles, órganos con forma de feixón, situados no retroperitoneo sobre a parede abdominal posterior.Estos envorcan o seu contido nun receptáculo chamado vexiga, por medio dun tubo chamado uréter. A vexiga, á súa vez evacúa o seu contido ao exterior por medio dun conduto chamado uretra.
 

No hay comentarios:

Publicar un comentario