OS RILES. -
É a parella de órganos cuxa función é a
elaboración e a excreción de ouriños. No ser humano,
os riles sitúanse a cada lado da columna
vertebral, na zona lumbar, e están rodeados de tecido
graxo. Teñen forma de feixón. Miden uns 12 cm de
longo por 5 cm de ancho e 3 cm de grosor. Pesan
ao redor de 150 gramos cada un. No seu interior se
distinguen dúas zonas: a codia, de cor amarelenta e
situada na periferia, e a medula, zona máis interna e
avermellada. Un ril é, en esencia, un filtro que actúa
como:
a) Órgano regulador: mantén no sangue unha cantidade sempre igual de auga,
sales e glicosa.
b) Órgano depurador: o ril extrae do sangue os produtos nocivos, como a
urea ou o ácido úrico e expúlsaos ao exterior
Os riles son responsables de
eliminar os refugallos do corpo, regular o equilibrio electrolítico e
estimular a produción de glóbulos vermellos.
No hay comentarios:
Publicar un comentario