A URETRA
A uretra é o conduto a través do cal se eliminan os ouriños cara ao exterior.
É un tubo que parte da zona inferior da vexiga e posúe no seu comezo dous
esfínteres ou válvulas musculares que controlan o paso dos ouriños.
A uretra é diferente en cada sexo, xa que no varón intervén na
función reprodutora. A uretra feminina ten unha lonxitude de 3 a 4 cm e vai dende
a base da vexiga ao exterior, rematando entre os dous labios menores, diante de
a abertura vaxinal. Na uretra masculina, de 17 a 20 cm de lonxitude, distínguense
tres partes: porción pélvica, rodeada pola próstata; porción membranosa e porción
esponxosa. Esta última corresponde ao pene
A uretra é o conduto altamente
sistematizado que transporta e permite a saída ao exterior dos ouriños
contidos na vexiga, onde é expulsada mediante un proceso chamado
micción. Difire considerablemente en ambos os dous sexos. Na muller é
unha simple canle de 3 a 4 cm. de longo, algo máis estreito en ambas as
dúas extremidades que no resto do seu traxecto. É case vertical e áchase
por diante da vaxina, abríndose na vulva por diante do orificio
vaxinal.
No home a uretra mide de 18 a 20 cm. de lonxitude, e na
muller 6 cm. É de calibre irregular, presentando partes ensanchadas e
outras estreitadas. Ademais non é recta senón que presenta certos
ángulos. Ten moitos segmentos: uretra prostática (parte que pasa pola
próstata), uretra membranosa e uretra esponxosa, é dicir, a rodeada polo
corpo esponxoso, a que á súa vez pode subdividirse en varios segmentos.
Remata nun esfínter. No home é bifuncional porque serve para o sistema
excretor e reprodutor.
Dende o punto de vista das súas
enfermidades a uretra pode dividirse en dous segmentos: a uretra
anterior e a uretra posterior, separados por un esfínter de músculo
estriado, situado a uns 3,5 cm. da vexiga.
As
hemorraxias ou secrecións que se producen na primeira, saen ao exterior
e as que se producen na segunda, poden envorcarse na vexiga. A
inflamación de cada un destes sectores produce tamén síntomas distintos.
Na uretra desembocan diversas glándulas nas que poden acantoarse unha
infección da uretra
No hay comentarios:
Publicar un comentario