jueves, 21 de febrero de 2013

AS Glándulas Sudoríparas

AS GLÁNDULAS SUDORÍPARAS. - As glándulas sudoríparas son as encargadas de excretar a suor. A suor contén auga, sales minerais e un pouco de urea. Non obstante, a misión excretora das glándulas é secundaria. A súa principal función é a de regular a temperatura corporal mediante a evaporación da auga expulsada. Nalgúns momentos pódese perder ata 1 litro de auga por hora. As glándulas sudoríparas están repartidas por toda a pel, pero son máis numerosas na cabeza, axilas e palmas das mans.
Son glándulas de secreción externa, compostas por un conxunto de túbulos apelotonados, situados na derme, e un tubo excretor que atravesa a epiderme e desemboca no exterior por un poro da pel. A substancia excretada polas glándulas sudoríparas, denomínase suor, e componse de auga (99%), sales minerais (0,6%, sendo o cloruro de sodio a máis abundante) e substancias orgánicas (como a urea, a creatinina e diversos sales de ácido úrico, que compoñen un 0,4% da suor).

A suor, ten dúas funcións:

Contribuír á excreción do exceso de cloruro de sodio e urea. Ademais, contribúe a eliminar substancias tóxicas como o alcohol etílico ou os residuos de antibióticos que poida estar a tomar unha persoa.

Regular a temperatura corporal, e así impedir que se eleve demasiado.

A excreción da suor depende da temperatura ambiental, do exercicio muscular e mesmo do propio funcionamento do ril. En ambientes cálidos e cunha actividade física alta, auméntase a produción de suor. Pola contra, en ambientes fríos e unha actividade física baixa, a produción da suor é mínima.

No hay comentarios:

Publicar un comentario