OS URÉTERES. -
Os uréteres son dous longos tubos que van dende a pelve renal ata a vexiga
urinaria. Están constituídos por fibra muscular lisa, e epitelio mucoso e
terminacións nerviosas. Son estas as que regulan o funcionamento ao ordenar
contraccións que impulsan os ouriños de forma continua e a fan penetrar na vexiga. Os uréteres teñen terminacións moi sensibles á dor, de modo que
cando se obstrúen, como acontece nos cólicos nefríticos, prodúcense fortes dores
Os uréteres son dous condutos
ou tubos duns 21 a 30 cm. de longo, e uns 3 ou 4 milímetros de diámetro,
bastante delgados, que levan os ouriños dende os riles na pelve renal á
vexiga, en cuxa base desembocan formando os chamados meatos ureterales,
cuxa disposición en válvula permite aos ouriños pasar gota a gota do
uréter á vexiga, pero non viceversa. O seu interior está revestido dun
epitelio e a súa parede contén músculo liso.
No hay comentarios:
Publicar un comentario